Actualidad

Intérpretes acusan a Xunta de dificultar a impartición de xustiza ao precarizar o seu labor

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (Agpti) acusa a Xunta de «dificultar a impartición da xustiza» en Galicia e de perpetuar os problemas vinculados ao seu labor que xa denunciaron varios xuíces. E fano con motivo da licitación dos servizos que estes profesionais deben prestar nos xulgados do país.

A Agpti amosa a súa «preocupación» e denuncia as condicións para a adxudicación de servizos de tradución e interpretación nos xulgados galegos que veñen de ser publicadas en procedemento aberto. Os profesionais destacan que o Goberno vén de propoñer unhas tarifas máximas para o seu labor «que non chegan nin ao 15% das do mercado real na autonomía», o que «fomenta a precariedade laboral que é incompatible cun servizo de calidade nun cometido de tal responsabilidade como o de intérprete xudicial

Fuente: Plaza.com – Movementos sociais

Enlace